viernes, 19 de febrero de 2010

Camiño de Meigas

Para moitas persoas, o tema das Meigas, e como si dixeramos, cousa de ignorantes.
11 anos atrás eu pensaba da mesma maneira. Veía o que se cocía na televisión e escoitaba na radio de Ponteareas un programa no que unha suposta Meiga, lle botaba as cartas as persoas que chamaban.
E eu pensaba pra min; ¿como é que estan confabulados todo-los medios de comunicación pra nos enganar? ¡Non podo creer que esista semellante conspiración!
E así foi como decidín profundizar no tema. Daquela encontrábame no paro, asique tería tempo. Pensei primeiro en visitar a unha meiga, ou en chamar o programa da radio, que botaban polas mañás. E chamei, pero non conseguín entrar. Pensei que mellor non iba a ningures porque a min con un pouco de psicoloxía sácanme todo. Paseando pola granvía de Vigo, decidín entrar no centro comercial, haber si vendían Tarots. E sí, vendían e comprei un. Seis meses dediqueime a estudalo e practicar, pola miña conta, sin clases nin nada.
Botaba as cartas a os famosos da tele, veía que acertaba pasado algún tempo. Atrevínme cunha amiga , a que lle vin que morría un familiar seu pero non lle lo dixen. O día que volvín do enterro, guindei as cartas do tarot nun caixón e non quixen saber mais nada delas. ¡Por si acaso!
Pero pasou o tempo e atopei un chollo nunha tenda esotérica, que casualmente pertencía a Meiga que tiña o programa na radio de Ponteareas, e comenzei a provar coa maxia. A tenda estaba chea de libros, e lía neles con interese pero con escepticismo. Decidín que faría o mesmo que co tema das cartas. Si eu podía levar a cabo un echizo con exito, tería que recoñecer que efectivamente todo aquilo que criticara era certo. E tería que cambiar a miña maneira de pensar destas cousas.
Púxenme mans a obra. Decidín probar sorte, nun tema que eu daba por imposible que fose saír. Pero despois de poñer en práctica o meu echizo , que saquei dun libriño con pinta de pouco serio na materia, as vintecatro hotas, recibín unha chamada de teléfono que pensei de veras que nunca recibiría. En fin, comencei a profundiza un pouco mais cada día pero cuhna mentalidade mais disposta que o principio. Practico a relixión Wicca, que e a tradición celta en europa con distintas variantes según o territorio: Meigas, Sorguiñas, Druídas,...etc; Practico Reiki, lectura do tarot, das mans, algo de bucios e de runas;

Página Oficial

Entradas populares